Curso de Meteoroloxía aplicada ao Surf na FGS

A Federación Galega de Surf vai realizar un Curso de Meteoroloxía aplicada ao Surf e os deportes naúticos. Este curso farase os días 21 e 22 de Abril e ten un custe de 75€ (5€ de desconto para os federados).

O curso será impartido por Tony Butt e Gabriel Pérez de European Surf Forecasting, dous expertos no tema e con moito prestixio internacional.

Toda a info completa do curso en:

http://fgsurf.org/novas/cursos/214-curso-meteoroloxia-2012.html

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com