1ª Proba do Circuito Galego Xuvenil-Praia de Sabón (Arteixo).

A fin de semán do 21 e 22 de Agosto terá lugar a primeira proba do Circuito Galego de categoría Xuvenil. As inscripcións xa están abertas, o número de inscritos limitaráse os 120 primeiros.

Lembra que o xoves as 13 horas  é o último día para facela inscripción e o pago mediante ingreso ou transferencia bancaria.

O día do campionato non se poderá federar, nin inscribir, nin facer o pago do mesmo. ¡Se queres competir inscríbete xa!

INFO DO EVENTO:

CAMPIONATO: 1º Proba Circuito Galego infantil e xuvenil de surf e bodyboard.

ORGANIZA: Clube Sandspit e Federación Galega de Surf.

COLABORA: Coca-cola e Concello de Arteixo.

DATA: 21 e 22 de Agosto.

LUGAR: Praia de Sabón (Arteixo).

CATEGORÍAS: Infantil e Xuvenil.  

HORA: Confirmación de inscricións polo técnico do clube o sábado de 09:00 a 09:30 horas na praia. E ás 10:00 horas aproximadamente comezo da competición.

CATEGORíAS: Infantil (nados do 1996 en adiante) e Xuvenil (nados do 1992 ao 1995). Só se poderá competir nunha categoría; permitindo, excepcionalmente, aos 8 primeiros clasificados en infantil, competir en xuvenil.

MODALIDADES: Surf e Bodyboard (só se pode competir nunha modalidade).

PREMIOS: Trofeos para os 4 primeiros clasificados de cada categoría.

PREZO:
8,00€ para os competidores que se inscriban e asistan con técnico.
12,00€ para os competidores que se inscriban e asistan sen técnico .

PAGO DAS INSCRIPCIÓNS: Ingreso na conta de Caixa Galicia: 2091-0567-74-3040003179  antes do Xoves 19 de Agosto as 13:00 horas, indicando o nome no ingreso.

INSCRIPCIÓNS:

Debedes enviar o xustificante de pago por fax o número: 986 29 93 78 e un e-mail ( Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ) ou un  fax ( 986 29 93 78 )  á Federación Galega de Surf cós seguintes datos:

1º) Clube
2º) nome competidor
3º) dni
4º) modalidade
5º) categoría
6º) nº de licenza
7º) nome do técnico (se fose o caso).
8º) teléfono de contacto.

PECHE DAS INSCRIPCIÓNS: Xoves 19 de Agosto as 13:00 horas.

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.