Ranking Provisional do Campionato Galego 2008

Cando xa só queda por disputar unha proba das categorías Surf Open, Infantil e Xuvenil así como de Bodyboard Infantil e Xuvenil, e a falta de dúas probas para finalizar o circuíto de Bodyboard Open aquí tendes todos os rankings actualizados ofrecidos pola Federación Galega:

  • Circuito Caixa Galicia Surf Open
  • Circuito Caixa Galicia Bodyboard Open
  • Circuito Caixa Galicia Xuvenil e Infantil

En Surf Pipo Dominguez domina o campionato con 2590 puntos seguido de Jaji Iglesias con 2340, Pablo Montero ten 1915 e Nicolas Perez ocupa a cuarta posición con 1620. Na compitición feminina lidera o ranking Erika Franco do Clube Grosso Doniños seguida de Flavia Braña e María Escrigas do Clube de surf Pantín.

Na modalidade de longueirón ocupa a primeira plaza Dani Alvite seguido de Rodolfo Navarro e Walter Nieto.

O bodyboard masculino está liderado por  Patrick Vilán e Javier Blanco do Patos Surf clube seguido de Ivan Castelo do Grosso Doniños.

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com