A ASP bloquea a reproducción de vídeos da súa canle Youtube e non os permite ver en webs e blogs de surf

VIDEOS ASP SURFING

Seica novos tempos corren na ASP e os seus novos donos e alguén moi intelixente decidiu que o tempo de compartir os vídeos dun xeito público xa pasaron. É triste ver como o traballo de centos de webs e blogs pra compartir as noticias da ASP non é valorado e agora queren levar todo o tema das visualizacións por Youtube ou pasando pola súa web.

Nós publicamos poucos vídeos da ASP e agora menos. Eles poden pensar que isto é unha decisión acertada máis o número de visitas aos seus vídeos van caer en picado. Debaixo tedes o vídeo de Medina que iamos publicar na web e que xa non se pode ver por internet e soamente podes velo en Youtube.

Tamén queremos recoller unha info de Surf30 onde mostra que as novas políticas ASP van máis lonxe e queren ter os dereitos sobre todas as imaxes dos eventos polo que deste xeito ninguén poida facer un vídeo ou sacar fotos durante os eventos. Despois dunha forte polémica liderada por un veterano fotógrafo, Peter "Joli" Wilson, deron marcha atrás pero xa se ve por onde van os tiros. Este fotógrafo foi sancionado polas súas queixas e xa non pode cubrir os eventos despois de décadas de traballo.

Podedes ler o artigo completo de Surf30 en:

http://www.surf30.net/2014/03/la-asp-recula-otra-vez.html

+ info en:

http://www.surfermag.com/features/arms-wide-open-roxy-pro-gold-coast/

http://www.surfermag.com/features/facing/

E ti que pensas?? Por favor deixanos os teus comentarios sobre este artigo!

{fcomments}

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.