SaboTaj e Montaj: a nosa homenaxe de despedida a Taj Burrow

Despois de 20 anos como surfeiro profesional esta semana Taj Burrow anunciou a súa retirada da competición en Margaret River. Na súa primeira etapa sempre destacou polo seu surf explosivo e innovador cheo de flow e naturalidade. Agora deixa paso aos máis novos e nós queremos facerlle esta pequena homenaxe de despedida.

Debaixo tedes o filme completo "SaboTaj" feito por Jack McKoy no ano 2000 onde nos explica os seus comezos no surf profesional e mistura míticas sesións de surf en Australia. Este vídeo foi un clásico no seu tempo e quedou gravado na nosa memoria.

No ano 2002 publicou "Montaj" outro clásico da década pasada.

En 2005 presentou o filme "Fair Bits" na compaña de Rob Machado e Kelly Slater con sesións increibles de surf.

Estes foron os campionatos nos que venceu ao longo da súa carreira deportiva:

Year Event Venue Country
1999
Coke Surf Classic Manly
Manly Beach, Sydney
Australia
1999
Rio Marathon Surf International
Rio de Janeiro
Brazil
2001
Quiksilver Pro Gold Coast
Gold Coast
Australia
2002
Mundial Coca-Cola de Surf
Saquarema
Brazil
2004
Nova Schin Festival
Florianopolis
Brazil
2007
Billabong Pro Jeffreys Bay
Jeffreys Bay
South Africa
2007
Rip Curl Pro
Bells Beach
Australia
2009
Billabong Pipeline Masters
Banzai Pipeline
Hawaii Hawaii
2010
Quiksilver Pro Gold Coast
Gold Coast
Australia
2012
Quiksilver Pro Gold Coast
Gold Coast
Australia
2012
O'Neill Cold Water Classic Santa Cruz
Santa Cruz, California
United States
2013
Hurley Pro Trestles
San Clemente, California
United States

Tedes + info na súa web oficial: http://tajburrow.com

E tamén na Wikipedia: https://en.wikipedia.org/wiki/Taj_Burrow

{fcomments}

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com