Mendiola en Achanta!

Esta reportaxe vai sobre unha das millores ondas do sur da nosa costa e foi feita por José Mendiola, un dos riders máis veteranos da Ría de Vigo e con máis experiencia surfando esta onda perigosa e potente que rompe sobre unha enorme laxe no Concello de Oia.

MENDIOLA OIA

José Mendiola en Oia
Segundo nos comentou Mediola, isto é un bo día en Santa Maria de Oia, unha onda caprichosa que non rompe así como así, pero se estás pendente das condicións podes darte grandes sesiones.

José Mendiola afirma que ultimamente sempre que ve corcheros na "Salvaxe" atopa boas condicións de ondas en Achanta. Esta pode ser unha boa referencia, un mar ordeado de dous a tres metros. Podedes ler un artigo de Mendiola que publicou na Surfer Rule e que anda publicado por internet, soamente tedes que facer unha búsqueda en Google coas palabras "mendiola oia".

Se estades interesados en surfear esta onda é unha lectura moi recomendada, a onda é complicada, ten truco e bastantes rochas polo fondo. A xente da zona chámalle a Laxe, por mor da gran rocha que fai que esta onda rompa.

Algúns locais da Ría de Vigo chámanlle Achanta, por un día que Pupli, local do Pico, dixo, "Achanta novato, te conviene".

Moitas gracias a Fátima polas fotos que lle fixo a Mendiola, todo surfeiro necesita unha noiva comprensiva (3 horas na auga) pero se tamén saca fotos pois mellor. José Mendiola anímavos a coñecer esta onda na que ides ser ben recibidos se entrades a collela cos vosos brazos, do xeito tradicional.

Fotos: Fátima

Textos: José Mendiola.

Máis fotos no Facebook:


Máis info da onda:

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.