Ata Sempre Keima!

Julián Yáñez Silveira "Keima" (1971-2011), mítico rider galego e surfeiro con alma, faleceu no día de onte mentras facía pesca submarina nas augas da illa de Lanzarote. Este coñecido surfeiro vigués foi un dos precursores galegos das viaxes a Indonesia xunto co seu amigo David Valladares na decadas dos noventa. Julián era un dos surfeiros máis auténticos da nosa costa, experto en facerse tubos longos e profundos en olas de nivel mundial como Greenbush e no Quemao. 

Queima no verde tubo de Greenbush

Take off no Quemao - Foto: Juan Cruces

Julián explorou toda a costa galega a finais dos oitenta e nos noventa e fixo moitas amizades, especialmente en Viveiro, onde atopou o amor da súa vida, Ana. Experto coñecedor da Machacona, Rinlo, Soesto, Río Sieira, o pico de Patos e Santa María de Oia foi sen dúbida o primeiro soul surfer de Galiza. O seu xeito de entender a vida, o seu fluir, a sinceridade das súas palabras sabían transmitir a bondade do seu corazón. Onte perdemos un amigo pero sempre estará no noso corazón e nas nosas lembranzas.

Este soul surfer, perceibero, mergullador, físico, capitán da mariña, aventureiro e empresario fixo da súa vida un soño que poucos de nós poderemos alcanzar. Un exemplo de vida fora do sistema e da rutina da vida diaria. Sempre na procura das mellores ondas na nosa costa e buscando o tubo máis profundo.

Sempre estarás no meu corazón! Boa viaxe compañeiro!

Ana, Nano e Marciano estiveron en Lombok con Queima no 2010

Bottom turn de Queima

Queima en Green Bush

Experto mergullador e cociñeiro

Queima & Friends no 2008 en Indo

Artigos de Julían Yañez Silveira "Queima" en SurfGZ:

Julian "Keima": Galegos polo Mundo

Queima e Tivi en Indonesia

Un galego no Quemao - Julián "Keima"

Surfari Galego por Indonesia

Vigueses en Indo!

Galería de Fotos enviadas por Queima no 2009 e publicadas na web:

Mítico estilo de Keima en Indo!

Ata sempre amigo!

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.