Galaico-Luso 2010: Aberto o prazo de inscripción

FG Surf - Segundo nos informan hoxe o PRADO SURF CLUB, a fin de semana do 27 e 28 de Marzo terá lugar a segunda edición do campionato Galaico-Luso organizado en colaboración coa FGS. As inscricións xa están abertas e as prazas son limitadas.

Lembra que o xoves 25 ás 16 horas é o último día para facer a inscrición e o pago realizaráse mediante ingreso ou transferencia bancaria. O día do campionato non se poderá federar, nin inscribir, nin facer ningún pago. ¡Se queres competir inscríbete xa!

CONDICIÓNS:

-Lugar Praia de Patos (Nigrán)
-Prazas limitadas a 112 persoas (50 % galegos, 50 % portugueses)
-Prezo da inscrición: 20 ? incluíndo comidas (sábado e domingo) e festa do evento
-Inscrición aberta até o Xoves 25 de marzo ás 16.00 horas
-Confirmación de inscricións sábado 13 de 9 a 9.30 horas na praia
-Licencia federativa obrigatoria (Federación Galega de Surf ou Federación Portuguesa de Surf)
-Cada competidor pode competir nunha soa categoría

Categorías:
-Surf Open Masculino
-Surf Open Feminino
-Longboard Open Masculino
-Bodyboard Open Masculino
-Bodyboard Open Feminino

As inscricións son limitadas e réxense por o seguinte:

Ranking Circuíto Galego Open / Portugués ano 2009 (62,5 %, até un máximo de 70 prazas)
Orde de inscrición (25 %, até un máximo de 28 prazas)

Wildcards (7 para Prado Surf Club e 7 para o Surf Club de Viana)
ORGANIZA: Prado Surf Club, Federación Galega de Surf, Concello de Nigrán.
COLABORA: Onda, WestPeak, Baobad, Coca-cola e Concello de Nigrán.
DATA: 27 e 28 de Marzo.
LUGAR: Praia de Patos (Nigrán)
PREZO: 20 €
PAGO DAS INSCRIPCIÓNS: Ingreso na conta de Caixa Galicia: 2091-0567-74-3040003179 antes do Xoves 25 a as 16:00 horas.

INSCRIPCIÓNES:
Debedes enviar o xustificante de pago por fax ao número: 986 29 93 78 ou e-mail ( Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ) á Federación Galega de Surf cos seguintes datos:
1º) Club
2º) nome e apelidos do competidor
3º) DNI
4º) modalidade
5º) categoría
6º) nº de licenza
7º) nome do técnico (si fose o caso).
8º) teléfono de contacto.

PECHE DAS INSCRICIÓNS: Xoves 25 de Marzo 16:00 horas.

NOTA IMPORTANTE: É obrigatorio estar federado e non é posible federarse o mesmo día do campionato. Non se admitirán a competidores que non cumpran os horarios de peche e confirmación de inscripcións nin o pago de licenza e inscrición previo ao campionato.


Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.