Resultados Luso Galaico 2010 [SURF]

Esta finde celebrouse na praia da Arda en Viana do Castelo con boas ondas e ambiente totalmente vereaniego como podedes ver nas fotos deste artigo grazas a xente do Surf Clube Viana. O campión da proba de Surf Open foi o portugués João Guedes, surfeiro do Surf Clube de Viana. O galego Pipo Fernández, habitual presenza neste Campeonato, foi o segundo clasificado, seguido por Eduardo Fernandes, vencedor da edición anterior. Milo Castelo foi o quarto clasificado

Pipo Domínguez, o mellor galego do campionato - Foto: Occy

Milo Castelo meteuse na gran final

A final do Surf Feminino foi gañada por Mariana Macedo, que non contaba con esta vitória. O segundo lugar foi ocupado por Yolanda Aneiros, que conta regresar o vindeiro ano. Maria Pessanha, Campiona no Luso Galaico de 2009, foi a terceira clasificada, seguida de Andreia Pereira.

Yolanda Aneiros - Foto: Occy

O equipo de surfeiros de Ferrolterra non alcanzou bos resultados xa que Pablo Romero Occy e Vizo foron eliminados en cuartos de final. Namentres Santi e Benchu perderon en semifinais.


Stand dos xuizes - Foto: Surf Clube Viana


Vista da praia - Foto: Surf Clube Viana

Máis info en:

http://elblogdeoccy.blogspot.com/2010/05/luso-galaico-2010.html

Surf Clube Viana

Máis fotos en:

http://www.facebook.com/album.php?aid=2047346&id=1028540169

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.