Campinato Local de Surf "Prado Surfing Day"

O vindeiro domingo 20 de xuño celébrase o "Dia Internacional do Surf: SURFING DAY" e como xa vén sendo habitual ao longo e ancho do mundo celébranse diferentes eventos para celebralo. O Prado Surf Clube seguirá o formato do ano pasado e van celebrar un Campionato de Surf só para persoas federadas polo clube. Ademais como novidade para pais ou/e familiares de alumnos realizaremos un test gratuíto do deporte de moda: PADDLE-SURF.

Horarios Campionato

11.00 - 11.30 h. Confirmación de inscricións
12.00 - 14.00 h. Competición
14.00 - 15.00 h. Gran *Paella
15.00 - 19.00 h. Competición
19.30 *h. Entrega de premios

Horarios Curso de balde Paddle-Surf

16.00 - 19.00 h.

*O custo da inscrición ao campionato coa comida incluída son 5 € que se abonarán o propio domingo na confirmación de inscricións.

*Se as condicións de ondas non son boas o campionato realizarase nas modalidades de Longueirón e Paddle-Surf.

RÓGASE CONFIRMAR ASISTENCIA EN COMENTARIOS ATÉ As 18.00 h DO VENRES XA QUE TEMOS QUE ENCARGAR A COMIDA

Máis info no Facebook: http://www.facebook.com/event.php?eid=112482428797419

Web do Prado Surf Clube: http://www.pradosurfescola.com/

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.