Tom Curren de novo en Pantín!

Segundo informa o blog de Jesús Busto, a xente que pase polo Pantín Classic deste ano vai ter a sorte de ver surfar a un dos grandes da historia do surf, Tom Curren, quen solicitou unha invitación e deste xeito ficar ao carón da súa filla Le Ann Curren que tamén compite no circuíto. Tom Curren é unha das lendas do surf e foi unha estrela na década dos oitenta. Hoxendía é un soul surfer que viaxa na procura de novas ondas en partes lonxanas do planeta.

TOM CURREN

Tom Curren en Pantín - Foto: Gonzalo Cueto

Tom Curren, gañou tres títulos mundiais (1986, 1987 e 1990) e logo deixou o circuito pra poder disfrutar da vida e do surf tal e como el o sentía. É fundador da Surfrider Foundation e nos anos do apartheid mantivo un boicot persoal de non competir en Sudáfrica.

Tom Curren surfando unha barra de area no 2005

Tom Curren - Illa Lofoten - Noruega 2008

Tedes máis info en:

http://desdelacroa.blogspot.com/2010/06/surfistas-tom-curren-en-pantin.html

http://www.lavozdegalicia.es/ferrol/2010/06/16/0003_8552372.htm?idioma=galego

http://www.pantinclassic.com/

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com