Aberto o prazo para o King of the Groms de Razo

Xa vos podedes apuntar ao campionato King of the Groms 2010 que vai ter lugar en Razo os dias 10 e 11 de xullo. Como vai sendo habitual as probas deste campionato van ter lugar en Razo e Somo (Cantabria) e logo a final europea será en Zarautz a fin de semana do 30 e 31 de xullo.

Pra apuntarvos tedes que facelo online na web: http://www.kotg.es

Os 6 primeiros clasificados do ranking das dúas probas estatais + os 2 gañadores das probas canarias clasifícanse para a final europea. Xa que as prazas son limitadas (32 surfeiros por categoría) tedes que apuntarvos o mais cedo posible.




SERIES [Boys Sub-16 y Boys Sub-12]

- 10/11 Xullo=> Razo: Galiza
- 17/18 Xullo=> Somo: Cantabria

FINAL EUROPEA [SERIES Top 6 - Boys Sub-16]

- 30/31 xullo=> Zarautz: Euskadi

FINAL MUNDIAL [FINAL EUROPEA Top 2 - Boys Sub-16]

- 25 Set/5 Out=> Hossegor: Francia

Máis info en:

http://www.kotg.es/

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.