CAV Junior Series 2010 - 7 e 8 de Agosto

Os días 7 e 8 de agosto vai ter lugar na praia do Orzán na cidade da Coruña unha das probas das CAV Series organizadas por Vazva e Cabreiroa. Este é un campionato de surf sub 21 no que poden participar 32 surfeiros. O período de inscrición ábrese o día 2 de agosto a partir das 10:00 h da mañá vía web www.cavsurfingproject.com

CAV SERIES

O primeiro clasificado será premiado cunha tarxeta wildcard para competir no 6 estrelas Pantin Classic do 24 ao 29 de agosto. Os 2º , 3º e 4º postos repartiranse 600 € en premios.

O evento contará durante os días 7 e 8 con actividades como son o Ioga ou Fitness, talleres de pintura, personalización de camisetas e pranchas de surf polos artistas YAV (Young Artist by Vazva). Obradoiros de fotografía cos mellores fotógrafos galegos como Carlos Alvarez, Pablo Martinez, Martin Rendo, Daniel Almeida, Rodrigo Añon ou Iago Barreiro. Clinic de surf e sinaturas cos membros do equipo de surfing de Cabreiroá.

Tamén haberá cursos de surf gratuítos impartidos por Vazva Surf School.

Música con Grobas e grafiti en directo con Sekone completarán este evento.

Presentación do documental da "Terra da auga" ás 19:00h na praia. Documental de surfing rodado por Galicia co equipo Cabreiroa e Vazva.

O custo da inscrición é de 20 € e o límite de prazas é de 32 participantes.

O período de inscrición ábrese o día 2 de agosto a partir das 10:00 h da mañá vía web www.cavsurfingproject.com
En caso de falta de ondas, o campionato desprazarase á praia de Razo.

Porase a disposición dos participantes e demais interesados un servizo de desprazamento.

Máis info en: www.cavsurfingproject.com



Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.