Billy Stairmand gaña o Pantin Classic 2010!

O surfeiro Neozelandés Billy Stairmand gaña o Pantin Classic tras disputar unha dura final contra o brasileiro Pablo Paulino. "Foi unha final bastante rifada xa que as ondas eran moi pequenas e o surf converteuse nunha loita por rabuñar puntos. . Isto é incrible, non me creo que sexa eu o gañador. A final contra Pablo estivo apretadísima, con ondas moi pequenas e rascando punto a punto. A manga fíxoseme larguísima, porque tomei vantaxe ao comezo cunha boa onda de 7.33 e tiven que conservar esa vantaxe até o último segundo", dixo Stairmand.

Finalmente Billy conseguiu un 13.56 e Pablo un 12.33. As condicións meteorolóxicas deste último día da competición foron boas xa que o sol brillou durante toda a xornada e o areal estivo repleto de xente. En canto ás ondas, Pantín non estivo á altura do resto do campionato. En ocasións os surfeiros tiveron que enfrontarse a ondas de menos de medio metro. Nestas ondas a forma física é esencial, porque facer manobras vólvese moi complicado pola escasa forza do mar.

O vigués do equipo Movistar Gony Zubizarreta desaproveitou unha vantaxe que lle acompañaba durante toda a manga de cuartos de final.  A pesar de conseguir un temperán 6.17 nunhas ondas ínfimas, Gony non soubo controlar a vantaxe. Con dúas ondas que sumaban 11.34 o galego parecía facerse coa manga, finalmente, nos últimos 3 minutos o francés Tim Boal conseguiu rascar puntos a unha onda que lle valeu para conseguir un 13.70 que augou a festa ao surfeiro local. Gony fixo un papel magnífico nesta edición. "As mellores condicións de toda a tempada déronse aquí en Pantín. sente ben competir en casa, deime conta de que son moitos os que me apoian. Ademais, quedei quinto e isto vaime axudar a sumar puntos para o final de ano".

Gony e os seus pais - Foto: Pablo López

Durante dous anos o primeiro posto do Pantín Classic viaxara a Brasil, con todo Pablo Paulino non puido vingar ao seu compatriota William Cardoso, gañador das últimas dúas edicións do Pantín Classic e que esta vez quedou ás portas de oitavos de final. O título viaxa a Nova Zelandia. Pablo Paulino comentaba "Quero darlle os meus parabéns a Billy, fixo un campionato estupendo. Quero dedicar a vitoria ao meu fillo, porque acabo de ser pai. Agora tócame seguir competindo, mañá ímonos a Zarautz".

Os premios aos catro finalistas deste Pantin Classic foron entregados polo tenente alcalde do concello de Valdoviño, D. Antonio Montero ao mellor galego, Goni Zubizarreta. O premio ao cuarto finalista, Nathaniel Hurran, foi entregado pola Mercadotecnia Manager de Billabong en Europa, Sam Carrier. O premio ao terceiro finalista, Tim Boal, foi entregado por Santiago Peydros Schiaffino, responsable patrocinios Movistar. O premio ao Segundo finalista, Pablo Paulino, foi entregado polo alcalde de Ferrol D. Vicente Irisarri; e o premio ao gañador do Ferrolterra Movistar Pantin Classic, Billy Stairmand, foi entregado polo Delegado Territorial da Xunta na provincia da Coruña, D. Diego Calvo. Gony Zubizarreta, o mellor galego quedou eliminado en cuartos de final.

Máis fotos nas seguintes ligazóns:

http://www.facebook.com/album.php?aid=2047215&id=1471364408


Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.