Crónica e Resultados do Campionato Junior Galego de Surf - Patos

A pasada fin de semana, días 9 e 10 de outubro, a xente do Prado Surf Clube celebramos a 2ª proba do Circuíto Galego Junior e Infantil de surf e Bodyboard na praia de Patos conxuntamente co Concello de Nigrán e a Federación Galega de Surf. O sábado a xornada foi espectacular xa que se sumou a participación dos mellores surfeiros e bodyboarders galegos cun día de moito sol e ondas fortes que foron crecendo ao longo da tarde.

Foto dos finalistas do Campionato de Patos

O público asistente puido gozar de manobras espectaculares incluso algunha prancha partida por mor da forza das ondas. O domingo o mar baixou un pouco e os surfeiros que conseguiron clasificarse tiveron que esforzarse ao máximo para lograr estar no podium.

Estes foron os resultados:

SURF JUNIOR MASCULINO

(1) Lalo Díez

(2) Luís Ansín

(3) Manuel Blanco

(4) Guillermo Gómez - Prado Surf Clube

SURF JUNIOR FEMININO

(1) Erika Franco

(2) Eva Robledo - Prado Surf Clube

(3) Delia Salgueiro

(4) Alicia Becerra

BODYBOARD JUNIOR MASCULINO

(1) Alberto Gundín

(2) Pedro Gómez

(3) Pablo González

(4) Víctor Vidal

SURF INFANTIL MASCULINO

(1) Ignacio Guisasola

(2) Manuel Fernández - Prado Surf Clube

(3) Alberto Mosquera

(4) Borja Malvar - Prado Surf Clube

SURF INFANTIL FEMININO

(1) Delia Salgueiro

(2) Isabel Gundín

(3) Alba Rodríguez - Prado Surf Clube

(4) Cristina Iglesias - Prado Surf Clube


Erika Franco levouse este campionato

Lalo Díez foi o campión Junior

Ignacio Guisasola foi o campión infantil

Tubo

A participación foi moi alta, con mais de 60 inscritos provenientes de toda a costa galega. O Prado Surf Clube convidou ós competidores a xantar os dous días grazas á colaboracion do Hotel Restaurante Sotomayor e contamos coa presenza de Manuel Doldán (Concelleira de deportes de Nigrán) e de Juan González (Tenente de alcalde de Nigrán) para a entrega de trofeos e premios cortesía de Board Culture, West Peak e Pui Pui.

Lalo Díez ao límite

Houbo moito ambiente na praia de Patos

Así mesmo a marca portuguesa Board Culture realizou un test drive de pranchas de surf, desta maneira todos os interesados puideron probar diferentes modelos de pranchas de surf. Contamos tamén coa colaboración da Revista Baobab.

Luis Ansín

Sen dúbida este evento foi todo un éxito e esperámosvos a todos no Campionato Nacional Promesas que celebraremos os días 30 e 31 de outubro conxuntamente co Concello de Nigrán e a Federación Española de Surf a condición de que as condicións de ondas sexan suficientes para un evento deste nivel.

Texto do artigo: Prado Surf Clube



Artigos Relacionados:


"Berto, Delia y Erika se suben a lo más alto en el Campeonato Gallego."

http://kakogarcia.blogspot.com/2010/10/berto-delia-y-erika-se-suben-lo-mas.html

"Campeonato Junior playa de Patos. Roto estuvo alli."

http://rotosurfworks.blogspot.com/2010/10/campeonato-junior-playa-de-patos-roto.html

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.