Gony SubCampión do Quicksilver Pro Portugal 2010

Gony Zubizarreta non puido con Hodei Collazo na final do Quiksilver Pro Portugal 2010 pero conseguiu o subcampionato neste importante evento do calendario europeo. As ondas da final eran de medio metro, pouco vento e sol. Gony fixo un par de boas ondas pero Hodei fixo un 8.50 na súa primeira onda o que lle complicou as cousas a Gony dende o comezo da final.

Gony - Foto: ASP Europe

Gony non puido surfar ao 100% por mor das pésimas condicións do mar. Nembargantes, Hodei Collazo con menos peso e estatura puido aproveitar mellor as ondas da final. Hodei Collazo fixo unha onda de 8.17 e cando parecía que estaba todo decidido Gony destrozou unha onda e recibiu un 8.90 e voltaba a ter opcións.

Os últimos intres da final foron moi emocionantes. Gony necesitaba un 7.77 e colleu unha boa onda pero os xuíces deronlle un 7.57 soamente. O resultado final foi 16.67 Hodei e 16.47 puntos de Gony.

Hodei Collazo levanta o trofeo de cmapión - Foto: Euskadi Surf

Con este resultado Gony Zubizarreta confirma a súa boa forma e a súa posición entre os mellores surfeiros europeos. Noraboa Gony!

Máis info e fotos en:

http://quiksilverlive.com/proportugal2010/home.en.html







Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.