Gony chegou a oitavos en Lanzarote!

Actualizado! - Gony non puido con Heitor Valdes (BRA) na súa manga de oitavos de final do Islas Canarias Santa Pro. Heitor Valdes é un dos mellores surfeiros que vin na miña vida e está a facer un surf moi radical no campionato pasando todas as súas mangas sen dificultade.

Gony na súa manga do venres

Gony Zubizarreta tivo o venres pola tarde unha manga bastante complicada e ata o derradeiro minuto estivo fora pero fixo unha boa puntuación na súa última onda e puido pasar a seguinte rolda do Islas Canarias Santa Pro. Esperamos que este sábado Gony poida continuar adiante e manter o bo ritmo e o potente surf que está facendo este outono.

Gony e os seus pais en Lanzarote

Podedes seguir en directo este campionato dende a seguinte ligazón:

http://www.aspeurope.com/live/santa2010/

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.