Luis Rodríguez vencedor da 2ª Caldeirada do Surf

O ferrolán Luis Rodríguez foi o vencedor en surf da 2ª Caldeirada do Surf e Longueirón celebrada na praia de Malpica o pasado sábado e organizada pola xente de SilfoCamps. Esta evento puntuaba como a primeira proba dentro do circuíto galego organizado pola Federación Galega de Surf. Dos 33 surfeiros apuntados ao campionato é importante destacar a presenza de 20 surfeiros procedentes de Ferrolterra.

Pipo foi segundo en surf e longueirón

A organización non entende moi a baixa participación de riders xa que houbo 2500 euros en material; o primeiro premio de surf open foi unha prancha de carbono de Exxite Surfboard, o primiero premio pra a categoria feminina foi unha fin de semana pra dúas persoas con media pensión nun balneario e o gañador de longboard, Daniel Alvite, levou un traxe de neopreno 4/3.

As ondas foron boas

Estilazo de Marcos Heinrich - Foto: Occy

O ferrolán Miguel chegou ata semis

More tamén chegou a semis

Resultados Surf Homes:

1 - Luis Rodríguez

2 - Pipo Domínguez

3 - Yago Chamorro

4 - Pablo Romero "Occy"

Resultados Surf Mulleres:

1 - Mairea Irisarri

2 - María Cobas

3 - Giomar Digon

4 - Yaiza Escobar Prieto

No Blog de Occy tedes unha boa crónica de como foron as mangas do campionato.

María Cobas

Os felices finalistas


O Campión de Surf Luis Rodríguez

Máis fotos en:

http://www.facebook.com/home.php#!/album.php?aid=300039&id=68043343464

Máis info e fotos en:

http://silfocamps.com/surf/ca/web/notic.php?ide=41

http://longboard-ers.blogspot.com/2010/11/caldeirada-2010.html

http://elblogdeoccy.blogspot.com/2010/11/circuito-gallego-malpica.html

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.