Crónica e Resultados do Campionato Promesas de Patos

Esta fin de semana celebrouse a 4ª proba do Circuíto Promesas de Surf e Bodyboard 2010 na Praia de Patos e temos que destacar a victoria da ferrolá Erika Franco e a segunda praza de Alberto Gundín na proba de Bodyboard Junior. Tamén temos que destacar os bos resultados dos riders do equipo do Prado Surf Clube: Eva Robledo (4º) e Manuel Fernández (3º). Lalo Díez rematou 4º na categoría de surf cadete. 


Segundo contan os seus organizadores este evento foi un gran campionato, especialmente polo bo ambiente reinante en todo momento e porque é a primeira vez que se celebraba na praia de Patos un campionato estatal.

Resultados do Evento:

SURF JUNIOR MASCULINO

(1º) Juan Díaz-Terán (2º) Juan Fernández (3º) Marcos Carmona (4º) Josu Alcántara

SURF CADETE MASCULINO

(1º) Imanol Yeregi (2º) Luca Diaz (3º) Bosco Fernández (4º) Lalo Diez

SURF INFANTIL MASCULINO

(1º) Carlos Fernández (2º) Bosco Fernández (3º) Manuel Fernández (4º) Javier Aragón

SURF JUNIOR FEMENINO

(1ª) Erika Franco (2ª) Loiola Canales (3ª) Leticia Canales (4ª) Eva Robledo

BODYBOARD JUNIOR MASCULINO

(1º) Kevin Orihuela (2º) Alberto Gundín (3º) Pablo González (4º) Victor Vidal

BODYBOARD CADETE MASCULINO

(1º) Pablo Zabala (2º) Pablo González (3º) Alberto Gundín (4º) Alvaro Gómez

70 riders gozaron o sábado de boas ondas dun metro e forte vento off shore o que permitiu realizar a maioría das mangas cun gran espectáculo, deixando para o domingo soamente as finais.

O domingo o día amenceu con moita choiva e vento forte de noroeste on shore o que fixo que levasen as finais á onda de fondo de rocha do "Pico" onde as condicións eran mellores.

Os competidores loitaron nas súas mangas en condicións extremas e esforzáronse por lograr o mellor resultado.

Os sponsors do evento foron: 69Slam, A-Star, Revista Baobab, Onda, Board Culture, West Peak, Pui Pui, As, Iron Mountain Surfboards, Florcity, Frutas Vilar, Reca, Waira, Trigo, Cetoly, Reca, Hollywood Boulevard, Restaurante Areosa e Bar Penjamo.

Tedes algunhas fotos deste campionato na web da Revista Baobab:

http://www.revistabaobab.es/index.php/uncategorized/finales-circuito-nacional-promesas-patos/

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.