Proba do Campionato de España Promesas 2011 en Patos - 2 e 3 de Abril

Máis de 60 participantes van participar esta finde nunha proba puntuable do Campeonato de España Promesas 2011 na praia de Patos. Esta proba está organizada polo Prado Surf Clube e a Federación Española de Surf.



Esta é a segunda proba clasificatoria Promesas, tras a celebrada en Mazagón (Huelva) e os campións de cada categoría gañarán unha praza para a Final do Campionato de España 2011 a celebrar en outubro. O resto de competidores sumarán puntos para o ranking promesas que contará os seus dous mellores resultados e servirá para completar as prazas libres na gran final estatal. Un competidor unicamente poderá participar nunha modalidade/categoría na final do Campionato de España PROMESAS 2011, principalmente a correspondente á súa idade, aínda que se clasifique para varias.

INSCRICIÓNS XA PECHADAS, confirmamos a participación de mais de 60 riders provenientes de toda a costa ibérica, incluídas as Illas Canarias e Mallorca.

Empezaremos co campionato o sábado 2 a partir das 9:00 horas, espectáculo garantido, non cho perdas!!!

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.