No capítulo 8º de Ojo de Pez tedes unha reportaxe da segunda proba do Circuíto Galego Junior e Infantil de Surf e Bodyboard na praia de Barrañán (Arteixo). En Jaji Online coñeceredes ao experimentado surfeiro asturiano Iván Villalba. O peixe da semana é Diego Álvarez, posiblemente o mellor junior da Coruña. Gony Zubizarreta vai de viaxe até Thurso (Escocia) onde se celebrou a proba do Circuíto Mundial de Augas Frías.
Fonte da nova: Capítulo 8º de Ojo de Pez