Roxy Longday - 23 de Xullo

O vindeiro sábado 23 de xullo terá cita o Roxy Longday Festival que contará co apoio de Raz Surf Camp na praia de Razo. Trátase do primeiro festival onde o surf e o skate mesturásense ao máis puro estilo oldschool de longboard.

Será un día cheo de estética retro e volta ao pasado onde o surf como unha seda, as ondas, o sol e a boa música serán os protagonistas xunto cunhas invitadas de excepción: as rider de Roxy do equipo internacional.

Roxy achegará á costa galega o movemento longboard que naceu en California e ten a súa orixe na cultura de surf expandíndose máis tarde ao mundo do skate. Unha forma de vida, unha estética retro chea de cor e liberdade e o característico estilo do longboard fluído e adictivamente atractivo contaxiarán a praia de Razo o próximo 23 de Xullo

A inscrición inclúe libre participación nas sesións de longskate & longboard, clases de iniciación para un grupo reducido, test dos novos longskates de Roxy. Customización de longs da man da artista Eme, concerto de Me and the Bees, churrascada, premios e a entrada ao VI Festival de música Sereas e Piratas que comeza coa posta de sol dese mesmo día 23 de Xullo.

Web Oficial do Evento:

http://www.roxyloveriding.com/

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.