Novidades Cabreiroá Pantín Classic 2011

Achégase a XXIV edición do Pantín Classic, que este ano 2011 chamarase Cabreiroá Pantín Classic Prol dos días 13 ao 18 de Setembro. As probas masculinas e femininas celebraránse conxuntamente sendo esta unhas das características máis importante desta proba.


Unha das principais novidades do 2011 son os triais clasificatorios, esta é a primeira vez na historia que hai triais en Pantín.  É dicir, o 10 e 11 de setembro, fin de semana anterior ao evento, celebrarase un campionato aberto (calquera se pode presentar) para optar a unha praza nun dos torneos de surf máis emblemáticos de Europa.

O premio serán 2 wildcards (invitacións para participar no Cabreiroá Pantín Classic Pro e a inscrición, de 30 euros, poderá facerse en www.pantinclassic.com
a partir de primeiros de agosto. O terceiro wildcard será destinado ao mellor junior do campionato CAV Surfing Project que se celebra na Coruña do 6 ao 7 de agosto.

Este ano a empresa galega Cabreiroá convértese no principal patrocinador, seguido por Hospital Moncloa, Estrella Galicia e Red Bull. Por parte das entidades públicas cabe destacar o gran apoio, un ano máis, da Xunta de Galicia da través do Secretario Xeral para ou Deporte Galego D. José Ramón Lete e a Secretaria Xeral para ou Turismo (Turgalicia) Dna María del Carmen Pardo. Así mesmo destaca a axuda brindada polos Concellos de Ferrol, Valdoviño e Cedeira.

{youtube}KB4XxnP3QQE{/youtube}

O novo nome, Cabreiroá Pantin Classic Pro, xorde debido a que a ASP (Association of Surfing Professionals) decidiu desfacerse deste termo WQS (World Qualifying Series).

Web oficial do evento:

http://pantinclassic.com/

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.