CAV Series 2011 - 6 e 7 de Agosto

As CAV Junior Series 2011 van ter lugar os días 6 e 7 de Agosto na praia do Orzán na Coruña. Durante as xornadas do sábado e domingo realizaranse todo tipo de actividades na  praia, cursos de surf gratuítos para todos os públicos, ioga, fitness, clinic de pranchas de surf, obradoiros de nutrición e fotografía e customización de produtos do CAV e pranchas polo artista Xurxo G. Penalta de Marvel.

O campionato sub 21 constará de 32 prazas limitadas que competirán polo Wilcard para o Cabreiroa Pantin Classic. O resto dos gañadores repartiranse 600€ en premios. O custo da inscrición é de 20€. Abrirase o prazo de inscrición o mércores 3 de agosto a partir das 10 da mañá na web www.cavsurfingproject.com  ata que se esgoten as prazas.

Máis información en www.cavsurfingproject.com a partir do 1 de agosto ou no telefono 981 91 48 38.

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.