Resultados e crónica do IV Mac Giver

O día 24 de Setembro tivo lugar o IV Mac Giver de Surf &Bodyboard na praia da Limosa, de Lieiro en San Ciprián no Concello de Cervo. Pese á excasez de ondas, pero vendo que a marea baixa bombeaba a primeira hora da mañá medio metro, decidiuse dar comezo as mangas. Nesta edición tivemos catorce participantes na modalidade de bodyboard e trece participantes na modalidade de surf.

Pola mañá leváronse a cabo tódo-los cuartos das dúas modalidades, facendo un parón a mediodía para comer churrasco feito na zona, sendo gratuíto para todos os participantes no Campionato (estes recibían ao inscribirse un vale por unha ración e un bebida isotónica dun patrocinador do evento, Powerade).

Pola tarde reiniciouse o evento coas semifinais de bodyboard, onde puidose ver un bo espectáculo, con múltiples rolos e xiros 360 a pesares da escasez de ondas, pero destacando a calidade dos participantes neste ano.

Posteriormente fíxeronse as mangas semifinais de surf, onde os participantes tiveron que esforzarse por sacar reentris e outras maniobras en ondas que tardaban en chegar e en tamaño cada vez menor. Tanto nas finais de surf coma nas de bodyboard predominou o esforzo dos participantes en sacar o maior proveito das poucas ondas, que neste campionato, deixounos a Praia de Lieiro.

Finalistas de Surf

Finalistas de Bodyboard

A nosa maior felicitación as gañadores das dúas modalidades, Diego Giz en surf, Javi Pazos en bodyboard e Diego Rodríguez na Expression Session.

Javi Pazos

Diego Rodríguez



Os gañadores do evento!

Durante todo o día e por medio da colaboración do Concello de Cervo (servizo de medio ambiente) estívose limpiando a Praia, obtendo os colaboradores desta práctica, una camisola gratuíta do Concello. Tamén permitíuse a calquera persoa que o desexara, prácticar as modalidades de kayak-surf e paddle-surf cedidos por integrantes do Clube Limosa Surf (grazas a Evaristo e a Andrés).

Tamén felicitacións a todos os participantes e e ao numeroso público asistente, en especial ao Clube Surfiños de Foz, que sempre están presentes no campionato.

Por suposto, mostramos a nosa ledicia cara aos patrocinadores do evento, xa que sen eles non poderiamos lévalo a cabo, en especial a Nacho de Van Surf Shop e Van Surf School (apoíandonos na loxística e encargándose de gran parte dos premios aos gañadores e participantes).

O chiringuito do evento!

Agardamos que o día fora tan completo e agradable como o foi para todos os integrantes do Clube Limosa Surf e esperamos contar con todos vós para poder festexar o quinto aniversario deste campionato, mentras,

Boas ondas para tod@s!!!

CLASIFICACIÓNS DO IV Mac Giver:

MODALIDADE SURF

FINAL

1º DIEGO GIZ
2º EVARISTO
3º JAVI GALLEGO
4º BORJA

SEMI FINAL  1

1º DIEGO GIZ
2º JAVI GALLEGO
DIEGO RODRIGUEZ - MARCI

SEMI FINAL  2
1º EVARISTO
2º BORJA
MERY –JOSE FERNANDEZ

1/4  - 1

MODALIDADE BODYBOARD

FINAL

1º JAVI PAZOS
2º JOSÍAS
3º LUÍS FERNANDEZ
4º BRAIS

SEMI FINAL  1

1º JOSÍAS
2º LUIS FERNANDEZ
PEDRO SALGUEIRO - XAVI

SEMI FINAL  2

1º JAVI PAZOS

2º BRAIS

JACOB - MANA

MODALIDADE EXPRESSION SESSION:

DIEGO RODRÍGUEZ

Fotos: Sebas Senande, Maria Rodríguez e Concello de Cervo

PATROCINADORES:

VAN SURF SHOP
VAN SURF SCHOOL
POWERADE
COCA COLA
CONCELLO DE CERVO

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.