Presentación do evento "O Mellor dos Mellores 2011"

Velaquí tedes a información das actividades que desenvolverá a Federación Galega de Surf os días 7 e 8 de Decembro na cidade da Coruña. O evento principal da Gala do Surf 2011 é un novo formato de campionato denominado ¨O Mellor dos Mellores", que terá lugar o día 8 e será o punto final á tempada 2011 cun campionato que se realizará na praia do Orzán. Este campionato está reservado para os mellores 8 de cada categoría, é dicir, a élite do surf galego.

MELLOR DE MELLORES SURF

O día 7 de Decembro no Playa Club realizarase unha conferencia coloquio da man de Jaji Iglesias, deportista e actualmente un dos empresarios do surf máis activos da nosa comunidade e Gony Zubizarreta, o mellor surfeiro galego de todos os tempos, que actualmente esta correndo o circuíto mundial de surf. Con este coloquio queremos achegar aos máis novos a estes deportistas de luxo, que como é no caso de Gony, tardaremos moito tempo en ter a outro con este talento.

Pra rematar o día sete faran a Gala do Surf Galego, na que outorgarán os títulos aos mellores riders galegos desta tempada xa finalizada, así como a proxección de vídeos de todo un ano cheo de actividades.

Para máis información:

http://www.fgsurf.org

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.