Crónica do Volcom Duck Fish de Patos 2008

O noso corresponsal vigues Pit Peretas participou neste evento realizado por Volcom na praia de Patos no Concello de Nigrán e mandounos esta pequena crónica do evento. O campionato desenrolouse ao longo do sábado, con ondas de 3/4 a 1 metro e vento terral, na metade da praia de Patos. A ausencia de mar dos últimos días fixo que os fondos non estiveran no seu óptimo, como consecuencia as ondas foron de moi mala calidade facendo que acadar algunha manobra fora unha verdadeira milagre.

A organización estivo correcta: música, bo ambiente (máis de 100 competidores) e bocatas de balde.

Simplemente salientar que o noso corresponsal quedou sen a camisola conmemorativa o igual que outros competidores por mor dun irracional reparto das mesmas.

 
 

Resultados:

Girls:
1. Erika Franco
2. Lucia Martiño
3. Maria Escrigas
4. Rosa Vieira

Groms:
1. Lalo Díez
2. Jose Molarez
3. Andrés Durán
4. Diego Álvarez

Juniors:
1. Alex Díez
2. Guille Gómez
3. Fer Fidalgo
4. Rafa Dopico

Open-Am:
1. Edu Fernández
2. Bizuka
3. Jaji Iglesias
4. N. Heinrich

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com