Nacho Guisasola e Luís Ansín vencen en Cantabria!

Yago Chamorro - Ignacio Guisasola e Luís Ansín, riders da Ría de Pontevedra, conseguiron a segunda praza e a primeira respectivamente o pasado domingo 8 de xullo na praia de Somo en Santander no Nike Block Series. Este campionato dividiuse en categorías minigroms sub12, groms sub16 e juniors sub20 cun novo formato de competicion no que non hai eliminatorias, os competidores entran en todos os rounds que hai para cada categoria e súmanse as puntuacións das dúas mellores ondas dos surfeiros en cada round, o surfeiro que mais puntos teña é o gañador.

SURF PONTEVEDRA

O campionato foi invitacional para as comunidades de asturias e galicia, pola nosa banda asistiron Ignacio Guisasola que competiu en Groms e Junior e Luís Ansin en junior, as condicións do mar foron de medio metro e vento frouxo variable, na categoria Groms Ignacio conseguia un segundo posto e na categoria junior o quinto posto demostrando estar en moi boa forma cun surf adoitado e moderno aos seus 13 anos, por parte do noso segundo representante Luís Ansín conseguía a vitoria na categoria junior na que demostrou desde o primeiro round que non tiña rivais para o seu bo nivel e forma fisica.

SURF PONTEVEDRA

Con estes resultados ambos surfeiros clasifícanse para a final europea destas series en Hossegor. Darlles o parabén aos dous polos resultados obtidos e polo bo surf que fixeron no campionato.

RESULTADOS:

JUNIOR SUB-20:

1. Luis Ansín (GAL). 36,3 pts
2. Miguel Betegón (CNT). 35,2 pts
3. Gonzalo Gutiérrez (CNT). 34,1 pts
4. Marcos Carmona (CNT). 33,6 pts

GROMS SUB-16:

1. Gonzalo Gutiérrez (CNT). 27,5 pts
2. Ignacio Guisasola (GAL). 23,6 pts
3. Iker González (CNT). 13,3 pts
4. José Trueba (CNT). 13 pts

SUPER GROMS SUB-12:

1. Néstor García (CNT). 19,8 pts
2. José Calle (CNT). 18,4 pts
3. Luis Bolado (CNT). 16,9 pts
4. Joan Villar (CNT). 16, 5 pts

Texto: Yago Chamorro - Riders 73 Surf School

RIDERS SURF SCHOOL

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.