Yago Chamorro - O pasado domingo 15 de xullo tivo lugar o King of the Groms na praia de Somo en Santander nunhas condicións que foron un pouco escasas con ondas de cuarto metro e vento frouxo variable. A esta proba acudiron varios competidores galegos, entre os que destacamos a Jaime Amador, Juan Fernández e Ignacio Guisasola que non puideron conseguir bos resultados pero demostraron estar á altura do resto de competidores en sub 16.
En sub 12 destacar a Carlos Vázquez que chego a semifinais en Somo e á final en Sopelana demostrando un bo nivel de forma e de surf. Queremos darlles os parabéns aos catro polo seu surf e polo compañeirismo que demostraron entre eles en todas as súas mangas e dicir que os rivais que nos parecian tan lonxe cada vez estan máis preto.
Texto: Yago Chamorro - Riders 73 Surf School