Urxente! Nova convocatoria do Campionato Galego para as datas 31 de agosto, 1 e 2 de setembro, e dicir a vindeira fin de semana. Límite inscritos 32!
Na praia de Soesto unha nova edición do Campionato Galego Individual e o Campionato Galego por Clubes de: Surf (Infantil, Xuvenil e Open), Bodyboard (Xuvenil e Open), Longboard (Open), Paddleboard (Open). Só poderán competir surfeiros galegos. Os surfeiros competirán para o Campionato Galego Individual da súa categoría correspondente, e logo os seus puntos serán sumados no clube correspondente para confeccionar o ranking por clubes.
Toda a info en: http://fgsurf.org
Para o Campionato Galego por Clubes, os clubes deben inscribir no arquivo adxunto que recibirán por correo electrónico só a un máximo de dous competidores de cada categoría para que os seus puntos computen para o Campionato Galego por Clubs. Cada competidor só pode estar inscrito nunha categoría (A QUE POR IDADE LLE CORRESPONDA) para o campionato por clubs. (Tamén podedes descargar o archivo en descargas na páxina web da FGS www.fgsurf.org).
No Campionato Galego Individual cada competidor pode estar inscrito nun máximo de dúas categorías competindo na categoría superior á que lle corresponde se na devandita categoría está entre os 8 primeiros do ranking do Circuíto Galego 2011.
Máis info en: