Yago Chamorro - A pasada fin de semana celebrouse na praia de Soesto no Concello de Laxe o campionato galego absoluto de Surf. Comezaba o venres con ondas de 1 metro e vento off shore e terminou o domingo con ondas de cuarto metro sen vento. Neste campionato destacaron os máis xovenes, realizando manobras radicais e moi sólidas, aéreos, tubos, floaters longos e fortes xiros.
O coruñes Diego Álvarez é o novo campión galego de surf Open 2012. Noraboa! Foto - Occy
Na categoria Open destacar ao campión Diego Álvarez e subcampión en sub 18. Os vigueses Guille Gómez, Alex Díez e Pablo Montero foros os outros finalistas.
En sub 18 o vencedor foi o ferrolán Miguel Pérez, na segunda praza Diego Álvarez e o rider pontevedrés Ignacio Guisasola terceiro que estivo na súa liña asombrando a todos aos seus 13 anos cun surf de moita fluidez.
Podio sub 18 - Foto: The Surfeiros Piratas
Erika Franco campiona Open en rapazas - Foto: Occy
En surf open feminino vitoria esmagadora de Erika Franco. Isabel Gundín foi a campiona sub 14 e tamén en sub18. Destacar entre as rapazas a Isabel Gundín e a Eva Ferreira que participou na súa primeira final xuvenil con 13 anos. En surf infantil feminino destacar a Eva ferreira e de novo a Isa Gundín a cal empeza a ter rivais máis fortes.
Isa gundín - Foto: Kako García
Eva Ferreira
En surf infantil masculino destacamos a Juan Fernández e Ignacio Guisasola que demostran estar en moi boa forma.
Darlles os parabén a Ignacio e Itziar Guisasola, Javi Triana, Javi Martínez e Eva Ferreira polo bo surf que demostran día a día.
Texto da nova: Yago Chamorro - Riders 73 Surf School
Máis info e fotos en:
http://elblogdeoccy.blogspot.com.es/2012/09/cto-gallego-soesto.html
http://kakogarcia.blogspot.com.es/2012/09/isa-gundin-campeona-gallega-sub-14-y.html
Crónica Oficial e Resultados: