Como cada ano despois do Verán... chegan as ondas e o Festival Jaguai na Lanzada. Este ano a competición constará de 3 modalidades: Surf, Longboard e Bodyboard. Rescatamos a modalidade de Bodyboard debido a que hai moito tempo que non se celebra un campionato na Lanzada , e prescindimos de Paddlesurf xa que no principio do ano xa realizamos unha competición. Aínda así convidamos a toda a xente do Paddlesurf a acompañarnos durante a competición e a participar desta festa do Surf.
Vídeo da edición do 2010
Todos os xuíces da competición serán xuíces titulados pola FGS.
O campionato levarase a cabo o día 6 de Outubro desde as 08.00 da mañá até as 20.00 da tarde. En caso de condicións desfavorables aprazarase a outra data.
CATEGORÍAS:
Surf Open
Bodyboard Open
Longboard Open
Expression Session ( todas as categorías, un premio)
INSCRICIÓNS:
- Limitadas até completar mangas: aprox. 32 surf, 24 bodyboard, 20 longboard
-20 euros ( bocadillo e bebida)
- Até o día 5 ás 13.00 (non se aceptan inscricións na praia)
- Nº de conta: NOVAGALICIABANCO 2080-5401-50-3000460071
- IMPORTATE!: Ao REALIZAR O INGRESO INDICAR: NOME E MODALIDADE
PREMIOS:
Trofeos e agasallos para os 4 primeiros de cada categoría
Premio Expression Session
Info:
Sergio 638183315
Colaboran:
MISSION SURF SHOP, TSP-THE SURFEIROS PIRATAS, SNAPPERS SURF SHOP, ONDA WETSUITS, ZORLAK SURFBOARDS, KANNION SHOP, COCACOLA, CONCELLO DO GROVE, SURFGALICIA EXPERIENCE, PHOTOSURF-BRARDII.BLOGSPOT.COM, JULIANFOTOESTUDIO.COM