Yago Chamorro - O pasado sábado 22 de setembro celebrouse na praia de Liencres en Santander unha proba do Campionato de España de Promesas. As condicións foron de cuarto de metro sen vento e con boa forma das ondas. O checking foi ás oito da mañá e a primeira manga foi ás 9. Todo o evento levouse con moita puntualidade e seriedade.
Neste campionato habia competidores vascos, canarios, asturianos, andaluces, cantabros, cataláns e galegos. En canto aos galegos destacar o bo campionato que fixeron todos. Alvarito, Carlitos e Delia non chegaron á final pero surfearon a bo nivel mellorando moito. Ignacio Guisasola chegou ata a final quedando terceiro e pasando todas as mangas de primeiro e surfeando cun surf moderno e radical e mostrando os resultados dos seus adestramentos con moita solidez e seguridade.
Ignacio Guisasola - Foto: El Blog de Occy
En canto ás mozas Paula Paz foi segunda surfeando a un gran nivel con competidoras de moito nivel. Darlle os parabéns a Ignacio Guisasola que xa está clasificado para a final de Doniños en sub14 e en sub16 e está primeiro no ranking estatal sub14.
Alvarito - Foto: El Blog de Occy
Podio das rapazas
Ignacio Guisasola
Texto e fotos: Yago Chamorro - Riders Surf School
Máis info:
http://elblogdeoccy.blogspot.com.es/2012/09/clasificatoria-nacional-liencres.html