Luís Rodríguez e Milo Castelo van participar este venres no Surfhero Challenge 2012 en Xixón canda outros 30 riders de Asturies, Cantabria e Euskadi. Este evento, organizado por Skool Surf, vaise celebrar nunha poderosa dereita, en excelentes condicións e vai dar moito espectáculo. Desexamoslles moita sorte e moitos tubos aos dos galegos participantes.
Web do evento:
http://www.surfherochallenge.com
https://www.facebook.com/pages/SurfHero-Challenge-2012/113264902071484