Temos que festexar o bo traballo de Erika Franco e Miguel Pérez-Moneo, riders de Ferrolterra, no polémico evento deste ano en Pantín no que Miguel conseguiu pasar dúas mangas e Erika pasou a súa primeira manga e caeu eliminada por centésimas na segunda. As polémicas 'Wildcards' foron desperciadas por Yolanda Rodríguez e a súa amiga Ainara Aymat que non conseguiron superar a súa primeira ronda. O noso mellor rider Gony Zubizarreta tampouco consegui pasar de manga e deixou o evento sen riders da casa moi cedo.
MiniWilson en competición
Este ano o evento rematou coas victorias de Steven Pierson en homes e da surfeira australiana Nikki Van Dijk en mulleres. Esta 26 edición estivo rodeada de fortes polémicas pola súa xestión, entrega de invitacións e emprego do galego nun evento pagado con diñeiro público dos Concellos, Deputacións e Turgalicia pero sen respostas por parte da organización.
+ Fotos en:
http://elblogdeoccy.blogspot.com.es