Galería de Fotos do Keima Kontest 2013

Xa temos as primeiras fotos do 3º Memorial Keima Kontest celebrado os derradeiros días de 2013 no Pico de Patos no que se reuniron moitos amigos de Julian pra lembrar a súa memoria nun campionato que busca a diversión e o bo ambiente na auga e fóra. O vencedor deste ano foi Fran Iguana que levou a mellor puntuación otorgada polos xuizes. Debaixo tedes as fotos do primeiro día do evento grazas a Sebas.

{artsexylightbox path="images/stories/surfNoticias/2014/keimakontest" previewWidth="128" previewHeight="95"}{/artsexylightbox}

O segundo día as condicións foron duras dentro da auga e fóra como podedes ver nas fotos. O memorial rematou o día 31 con boas ondas e ceo azul.

{artsexylightbox path="images/stories/surfNoticias/2014/keimakontest2" previewWidth="128" previewHeight="95"}{/artsexylightbox}

Este ano non puidemos asistir pero o vindeiro ano informaremos dende a praia desta homenaxe a Julian Yañez "Keima" que finou namentres practicaba pesca submarina na vila de 'La Santa' en Lanzarote hai tres anos. Noraboa aos organizadores do evento por manter viva a súa memoria.

Sempre Keima!

{fcomments}

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.