A WSL convoca unha proba do Mundial Junior na Coruña en Xullo

Realmente non sabemos como a World Surf League pode convocar unha proba WSL Junior de surf no Orzán a primeiros de Xullo a menos que non teñan nin idea das condicións habituais na costa galega os meses de verán. Non entendemos como non se fai esta proba nos meses de outono ou inverno xa que as probabilidades de ter ondas no Orzán son mínimas pero non importa, o importante son de novo os cartos, as tasas e o turismo de praia.

surf Orzan

Xa é complicado ter ondas en Pantín ou Soesto nesas datas e van organizar outro despilfarro surfeiro en pleno corazón da Coruña. Oxalá nos equivoquemos pero probablemente os surfeiros marchen de Galiza pensando que este non é lugar pra surfear.

Estamos en contra das organización de probas de surf internacionais no verán xa que deberían primar as condicións do mar en troques dos intereses dos políticos e hoteleiros.

Tedes a noticia orixinal (con imaxe de Lanzarote) do evento convocado do 5 ao 10 de Xullo en:

http://www.worldsurfleague.com/events/2016/mjun/1552/pro-a-coruna-tentative

{fcomments}

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com