Novas datas: Iº Waipia O'Grove Surf Pro - 29 e 30 de Decembro

Waipia Surf Galicia

En base ao parte meteorolóxico para o próximo fin de semana, a organización do campionato decidiu abrir o período de espera á seguinte data proposta (29-30 decembro). O prazo de inscrición para os participantes queda aberto ata o vindeiro mércores 27 de decembro ata as 17:59, onde se enviará a todos os participantes o itinerario do evento. En caso de existir malas condicións de novo aprazarase ao seguinte e último fin de semana proposto (6-7 de xaneiro).

O  'Waipia O'Grove Surf Pro' que se celebrará os días 29 e 30 de decembro na famosa praia da Lanzada. O evento consistirá nun Open Surf Contest con 32 participantes e contaremos para esta primeira edición do campionato con 1000€ en premios. As inscricións realizaranse a través do correo electrónico "Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo." ata o luns 18 de decembro (23:58) ou ata cubrir prazas.

En caso de malas previsións de ondas, establecerase un período de espera para os dous seguintes fins de semana da data sinalada 29-30 de decembro e 6 e 7 de Xaneiro. Haberá agasallos e sorteos para os participantes e asistentes no evento.

+ info en: Waipia Surf School

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.