Lalo Díez remata na 3ª posición no VQS de Anglet

A pasada fin de semana o vigués Lalo Díez acadou a terceira posición na final Europea do Volcom's Totally Crustaceous Tour en Anglet na categoría infantil. Deste xeito o xoven surfeiro da praia de Prado confírmase como unha forte promesa do surf galego en competición. Dende eiquí queremos dar a noraboa a Lalo polo seu esplendido resultado.

 
Lalo Díez no podio de Anglet (primeiro pola dereita)
 

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com