I Trofeo San Lorenzo - 15 e 16 de Agosto Foz

O vindeiro mes de agosto vaise celebrar en Foz, na praia da Rapadoira, o primeiro trofeo San Lourenzo. Este campionato local organizado polo clube de surf Surfiños é aberto e poden participar todos os que queiran. Contan con actividades paralelas, Dj's, churrascada, concertos, etc...

Info do Campionato: I Trofeo San Lorenzo Surf & Bodyboard


CATEGORIAS: As categorías serán de surf e bodyboard. En principio é masculino, para todas as idades, pero faremos expression sessións para todos aqueles que se presenten no momento, en modalidade mixta.

PRAIA: Praia é a Rapadoira, en Foz, Lugo

DATAS: 15 e 16 de Agosto, e no caso de que non coincidan ondas, pospoñémolo para a seguinte fin de semana, avisaremos a todos os inscritos.

HORARIO: dependemos das mareas e das prediccións, publicaráse uns días antes na páxina web e na praia Rapadoira.

PREMIO: 500€ a repartir entre os 3 primeiros de surf e os 3 primeiros de body (120€, 80€, 50€), máis material de surf e body (traxes de neopreno, licras, chanclas...)

ACTIVIDADES: faremos unha comida na praia se o tempo nos acompaña cos participantes, haberá Dj durante o día e pola noite concertos na zona das Torres.

INSCRIPCION: 15€ e apuntarse antes do 13 de Agosto. Mirar para inscripción a web www.clubsurfinhos.es

EMAIL DA ORGANIZACION: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

TELEFONO: 679 21 46 15

 

Máis info en www.clubsurfinhos.es

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.