Surf para Universitarios en Vigo

A Universidade de Vigo e a Escola de Surf de Prado organizan un curso de iniciación de balde para os universitarios que se queiran pasar os días 27 e 28 de febreiro pola praia de Patos. Hoxe é o derradeiro día para inscribirse apurade!

O curso inclue:

- Neopreno

- Licra

- Prancha de Surf

Entidades colaboradoras: Prado Surf Escola e Federación Galega de Surf.

Dirixido a: Só os membros da Comunidade Universitaria (alumnnas/-os, P.D.I., P.A.S.).

Lugar: Praia de Patos (Nigrán).

Punto de encontro: Caseta de Prado Surf Escola, fronte ó Bar Areosa, preto da explanada de terra da Praia de Patos.

Cursos e datas:

- Bautismo de surf: sábado 27 de febreiro (Especial Erasmus)
- Bautismo de surf: domingo 28 de febreiro

Horario: De 16:00 a 18:00

Data límite de inscrición: Martes 23 de febreiro de 2010

Tarifas: Totalmente gratuíto.

Inclúe:
-Licencia federativa mensual.
-Seguro de responsabilidade civil e accidentes.
-Táboa de surf, neopreno, licra.
-Técnicos titulados da Federación Galega de Surf.

Características:

O esquema teórico – práctico de cada clase é o seguinte:
1ª Hora
Explicación do material a utilizar
Normas de seguridade na auga
Quentamento muscular e estiramentos
2ª Hora
Práctica de remada, toma de ondas tumbados
Explicación da técnica do “Stand Up”
Práctica do “Stand Up”

Ao finalizar a clase se realiza unha reflexión da sesión e se procede a realizar unha foto de grupo que se enviará vía mail a cada alumno/-a.

Máis info en www.deportes.uvigo.es

Información e inscricións:

CAMPUS DE VIGO
Edificio do Servizo de Deportes.
Campus Lagoas – Marcosende
Telf.: 986812182
Fax.: 986814061
e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

CAMPUS DE PONTEVEDRA
Pavillón de Deportes
Rúa Cruz Vermella s/n
Telf.: 986801917
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

CAMPUS DE OURENSE
Pavillón Universitario
Campus A Lonia
Telf.: 988387198
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.