Surf Swap no Mercado das Nubes

Anunciamos unha nova edición do mercado Surf Swap, que imos organizar, como é tradicional por nadal, durante o Mercado das Nubes na Coruña, situado no edificio do Mercado de San Agustín. Poderás atopar táboas e outro material de Surf e Skate de segunda man a bo prezo e co mellor asesoramento!!

Tamén poderás traer o teu material que xa non queiras para vendelo ou cambialo para darlle unha segunda vida.

Venres 16, sábado 17, e domingo 18, esperámosche no tradicional @mercadodasnubes de Nadal.

Se queres más información, ou traer o teu material, ponche en contacto connosco previamente mandándonos unha mensaxe por direct messenger (DM) no instagram de @surfclub.es

#mercadodasnubes #mercadodasnubesdonadal

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.