Crónica da Limpeza en Doniños - Iniciativas Oceánicas 2010

Jesús Busto - Xa rematou a primeira das xornadas de limpeza organizadas polo Océano Surf Clube dentro da campaña de Surfrider Foundation "Iniciativas Océano 2010". A cita, do mesmo xeito que no últimos dez anos, foi na praia de Doniños, na zona de Outeiro. Tras dúas horas de limpeza retiráronse máis de 5.000 litros de residuos, cun peso de case unha tonelada, nos que predominaron os plásticos, e entre eles varios dos "tristes tubos de Respirando salitre" (que por certo levaban polo menos tres meses na praia), e as cordas de nylon.

Lixo recollido na praia

A mellor xente da praia



Moitas grazas a Luís, Fernando, Manuel, Irene, Alicia, Juanju, Raquel, Nestor, Cristina, Antón, Alvaro, Porte, Carolina, Francisca, Celina, Heidi, Tibi e Cia, Estitxu, Eloy, Osa e Carol por axudarnos. O xoves máis.

Texto de Jesús Busto

Máis info en: http://desdelacroa.blogspot.com/2010/03/citas-iniciativas-oceano-2010-limpieza.html


Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.