Nova escola de Surf en Lugo: Oxígeno Surf

Oxígeno Surf School nace da necesidade de promover o deporte do surf coma unha actividade en contacto ca natureza nun entorno máxico como é A Mariña Lucense e Ortegal. Comezamos no ano 2009 na praia de Esteiro do Barqueiro na comarca de Estaca de Bares con excelentes resultados. Este ano queremos mellorar para estar a altura do resto das escolas de surf.

En primeiro lugar creamos a páxina web: www.oxigenosurfschool.com e contactamos co concello de O Vicedo para levar a cabo cursos na praia de San Román ademais da praia de Esteiro do Barqueiro (Mañón), contamos con dous coches rotulados co noso logo ademais da furgoneta de 8 plazas que compramos para esta tempada 2010.

Os  técnicos-monitores e promotores de Oxígeno Surf School son David Díez Polo, diplomado en Educ. Fisica e Educ. Primaria, estudante da Licenciatura de Psicopedagoxía, monitor de Tempo Libre, Técnico en Surf e Bodyboard e Xuiz de Surf e Bodyboard da Federación Galega de Surf a falta das prácticas. Máis de 10 anos de surf e bodyboard as suas costas.

David

Eloy Nuñez Fernandez é licenciado en Inef, ten a maestría en salvamento e socorrismo, Técnico en Surf e Bodyboard e Xuiz de Surf e Bodyboard da Federación Galega de Surf a falta das prácticas.Mais de 10 anos de surf as suas costas.

Eloy

Contamos con mais de 30 táboas soft para evitar accidentes en iniciación así coma taboas duras para perfeccionamento e traxes integrais de primavera/verán. A nosa escola pode acoller ata 30 alumnos diarios, contamos con vestiarios-almacen en ambas praias para ofrecer un servizo de calidade os nosos alumnos.

Estamos presentes nas redes sociais de Facebook e Tuenti con mais de 2000 seguidores en ambas onde poderás encontrar información, fotos e artigos relacionados ca nosa escola así coma información sobre períodos de apertura e peche.

Máis info: http://www.oxigenosurfschool.com

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.