Nova web do Pantín Surf Camp

A xente do Pantín Surf Camp apresentan a súa nova web na rede. Unha web moderna con noticias da escola, previsión de ondas, conectadas ás redes socias e con posibilidade de visitala na nosa lingua. Unha web atractiva e con bastante info que merece ser visitada pra aprender un pouco máis sobre esta iniciativa surfeira.

PANTIN SURF CAMP

Pantín Surf Camp é unha iniciativa empresarial profesional, desenvolta por Marcos Pita (un dos fundadores da antiga escola de surf Pantín en 2004), Ivan Heras e Samuel Pantín. Ten unha capacidade para 17 persoas diarias e material para impartir clase a grupos de 30 persoas, obtivo en 2009 un éxito considerable, con alumnos de toda a península e paises tan diversos coma (Bélxica, Alemania, Holanda, Francia, Dubai, Argentina, USA etc.).

As clases do camp contan cun valor engadido e diferenciador que se caracteriza por tres pilares básicos: a promoción do deporte, o arraigo cultural e a concienciación ecolóxica. Con estes principios os instructores plantexan cada unha das clases. Eses mestres (máis de 12 en época estival)  contan con máis de 7 anos de experiencia na docencia do surf e actividades deportivas, así como no salvamento acuático e en primeiros auxilios.

Entre eles, destacan dous dos máis laureados surfistas a nivel europeo como Estitxu Extremo (recente campiona de Europa de Longueirón) e Luis Rodríguez (surfeiro de ondas grandes por excelencia), ambos pasan con nós as datas que os seus compromisos deportivos lles permiten.

Ademais das actividades do verán o camp conta cun equipo de competición, instruido por Estitxu e que comeza a dar froitos, por exemplo coa recente victoria de Raquel Fariñas no Campionato Luso-Galaico de Patos. Grabacións en video, preparación física, desplazamento as mellores ondas, acompañamento a campeonatos, todo, para conseguir a maior diversión na competición e que os integrantes do noso equipo desfruten das ondas alí donde vaian.

                                                               Alumnos da escola. Foto: Flickr

Para este verán 2010 Pantín Surf Camp pon en marcha a súa campaña de promoción, caracterizada por facer chegar a todos os posibles interesados no surf imaxes das actividades que no noso camp leva a cabo, así contamos cunha páxina web, onde mostramos  visualmente as nosas clases, presentamos os monitores e damos cumplida información vía e-mail de todo o que precisen.

Outra grande baza é o noso grupo de Facebook, donde moi amiudo damos conta de todas as novidades que teñen que ver co camp (participación en campeonatos, organización de actividades, viaxes etc.). Son xa, a día de hoxe, máis de 1200 admiradores do noso grupo e medrando, convertíndose nunha canle básica de comunicación.

Tamén contamos con outras ferramentas (Videogalería Youtube, fotogalería Flickr etc), valorando na actualidade a incorporación de novas ferramentas coma un blog ou unha canle twitter. A través destas canles daremos conta de todas as iniciativas que estamos a por en marcha, entre elas, e polo seu fondo a que máis nos motiva neste momento está a organización dun curso para rapaces discapacitados, que será sen dúbida unha motivación máis.

Máis info en: Pantín Surf Camp

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.