Aviso de roubos nas praias de Ribeira!

Estes días recibimos un aviso de varios surfeiros do Barbanza, locais do Vilar, Rio Sieira, As Furnas e outras praias da zona, do aumento de roubos nos coches estacionados nas praias. Segundo nos comentou un amigo dun surfeiro, que foi roubado cando estaba a coller ondas na praia do Vilar, rompéronlle os cristais do seu coche e leváronlle varios obxetos persoais.

Por iso, aproveitamos pra vos informar do acontecido e suxerirvos que teñades coidado e gardades ben as vosas cousas (fundas, roupa, etc..) no maleteiro do coche. Outro bo consello é deixar os coches diante dos bares, chiriguitos ou donde haxa autocaravanas estacionadas.

Seguiremos informando...

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.