Surfing Day en Patos - 20 de Xuño

Este 20 de xuño celebrarase por todo o planeta o Surfing Day e a tenda de surf Novalbos xunto a Patos surf escola van celebrar este día na praia de Patos con diferentes actos. O Día Internacional do Surf terá lugar este domingo 20 de xuño, coa apertura da tempada de verán e sobre todas as praias de diversos países.

Durante este día Centenares de profesionais por todo o mundo presentarán ao público, a cultura e o deporte do Surf a través de cursos, talleres e diferentes actividades completamente gratuítas ou tamén coñecer a surfeiros profesionais e compartir valores de convivencia e respecto polo medio ambiente.

Video oficial do Surfing Day 2010

Son xa sete anos desde que comezou esta iniciativa que ten como fin a promoción do Surf a nivel mundial, Nela participan conxuntamente 31 países, con máis de 3.000 actividades e aproximadamente 30.000 participantes.

O Patos Surfing Day ten preparado un día especial no que non van faltar os cursos gratuítos de Surf (co material incluído), aluguer de material, test de táboas de Surf e padelboard, churrascada (para os inscritos ao surfing day) e agasallos para os participantes. Só necesítase saber nadar, bañador e toalla.

VÉMONOS O 20 DE XUÑO EN PATOS!!

+info ou INSCRICIÓNS.- www.patosurfclub.com

Diego Armada - 638724917 - 630954691

Web oficial do evento: http://www.surfing-day.com/es/default.aspx

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.