Despois de case dous anos na rede abrimos unha pequena tenda online onde os fabricantes galegos de surfboards, deseñadores de roupa, colectivos surfeiros e todo o mundo que estea interesado poida vender os seus productos. Tamén imos colocar pouco a pouco certos productos e accesorios que pensamos que poden axudar a colleitar algo de diñeiro pra manter este proxecto informativo!
Na tenda tedes uns 40 productos ordeados en diferentes categorías: surfboards, surfing, bodyboard, roupa e accesorios. Esperamos poder aumentar o número de productos en breves e que poidades apoiar a nosa web mercando algo.
Surfboards de Iron Mountain en venta na tenda
Se queredes vender os vosos productos na tenda, camisolas de escolas de surf, merchandaising, etc podedes contactar connosco a través do noso formulario de contacto.
O surfLock está dispoñible por 36 euros na tenda
E por suposto que estades invitados a visitar a tenda dende a seguinte ligazón:
http://www.surfgz.com/tenda-online
Estamos de probas así que non todas as funcionalidades están rematadas. Seguimos traballando....
Grazas a JoomlaEmpresa.com pola súa axuda!
Saúdos e Boas Ondas!