Rematou a Semana Azul de Baiona

Terminou a pasada semana a Campaña Escolar de Fomento dos Deportes Náuticos "SEMANA AZUL 2010" que organizou un ano máis a Concellaría de Deportes do Excmo. Concello de Baiona. Nesta nova campaña do 2010, participaron un total de 144 alumnos todos dos colexios do Municipio que realizaron cursos de iniciación nos deportes náuticos de: Vea Lixeira, Piragüismo, Mergullo e surf.

A Campaña Escolar de Fomento de Deportes náuticos estaá subvencionada na súa totalidade pola Concellaría de Deportes do Concello de Baiona, sendo o único requisito esixido para participar o estar a estudar nalgún dos centros educativos de Baiona e polo seu posto o saber nadar. Ademais, todo o material necesario para participar foi achegado polas entidades colaboradoras.

Para a realización da campaña contouse coa colaboración de entidades como O monte Real club de iates de Baiona, a Escola de Mergullo Calderón,  Escola de Patos Surf Clube , o recentemente creado clube de Piragüismo de Baiona e Coca cola.

Fonte do artigo:

http://patosurfclub.blogspot.com/2010/06/semanas-azules-baiona-2010.html

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.