Surfing Day en Malpica - 21 de Xuño

O Surfing Day vaise celebrar en Malpica o día 21 de xuño, xa que o 20 son as festas de San Adrián. Este evento organizado pola xente de SilfoCamps ten como actividades:

  • Clases de surf 100% de balde
  • Concerto de música de "Fresquiños" a cargo de Mou
  • Sardiñada
  • Proxección dun video de surf en Malpica nos anos 80 no que aparecen surfeiros míticos como Painter, Perico e outros xunto con imaxes actuais de surf na Costa da Morte.

Segundo nos comentou José SilfoCamps: "O surfing day facémolo tamén, para que a xente de Malpica, se de conta que o surf leva moitos anos en Malpica e que ten a súa historia." Este evento vai ter lugar en 43 paises do planeta con 241 xuntanzas organizadas.

Info do evento no Facebook: http://www.facebook.com/home.php#!/event.php?eid=127608537272514

Música de Mou no MySpace: http://www.myspace.com/fresquinos

Web de SilfoCamps: http://silfocamps.com

Web mundial do evento: http://www.surfing-day.com

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.